Hoxe, 2 de febreiro, celebramos no cole o Día da Candeloria.
Esta celebración vén de moi antigo, dos tempos dos celtas. En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.
Nós celebramos este día cun díptico informativo elaborado polo equipo de dinamización da lingua galega do centro e con globos con forma de corazóns que representan este día do amor.
Botádelle un ollo ás fotos nas Galerías.