Presentámonos
UN POUCO SOBRE NÓS
Estamos en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa.
É Vilaxoán unha terra que vive fundamentalmente do mar, sendo esta unha das fontes de ingresos principais das familias do noso alumnado que se adican a mariscar, traballar nas bateas ou empregándose nas conserveiras da zona. E entre este arume salgado os máis pequenos acoden ao centro. O noso colexio foi inaugurado no 1979 e daquela estaba moi masificado. Na actualidade a nosa comunidade educativa é coma unha grande familia onde todos nos coñecemos, e durante uns anos compartimos espacios, actividades, ilusións e proxectos. O alumnado intégrase en tres aulas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e once aulas de Educación Primaria de 1º a 6º. CEIP VILAXOÁN
|