Picasso
PROXECTO PICASSO
No curso 2007/2008 o alumnado de Educación Infantil 5 anos fixo un proxecto de investigación sobre "Picasso", o equipo TIC colaborou con eles creando actividades clic coas que traballar algúns dos elementos traballados en dito proxecto. As actividades dividíronse en tres categorías: biografía do pintor, etapas pictóricas e o Guernica. Inclúense: crebracabezas con imaxes dos cadros de Picasso, buscar a parella do cadro, encher ocos coa información correcta, situar no mapa a cidades onde viviu o pintor, encrucillados e sopas de letras nas distintas categorías, identificación dos nomes do pintor, títulos de cadros e cidades, situar elementos no Guernica, asociar elementos... Pica na imaxe para abrir a actividade |