O noso alumnado nos medios de comunicación

LECTORES DO COLE PREMIADOS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS DE VILAGARCÍA

Varios alumnos e alumnas do noso cole foron premiados no centro lector Rosalía de Castro de Vilagarcía no Día das bibliotecas.  Niko Chazo e Martín Santos de 4º xunto con Liria Katay Bouzas de 2º recibiron un lote de libros e un diploma pola súa constancia lectora como usuarios desta biblioteca pública do concello.

Fotografía Gonzalo Salgado (Diario de Arousa)

Neste artigo do Diario de Arousa "Estos son los lectores premiados en el Día de las Bibliotecas de Vilagarcía" tedes máis información.

OS ESGRIMISTAS DO COLE

Alumnado do centro pertencente á Asociación Vilagarcía Esgrima participou esta fin de semana nunha competición organizada pola Federación Galega de Esgrima e o Clube Olivo contribuíndo a boa actuación do seu clube.

Neste artigo do Faro de Vigo "El Vilagarcía presume de buena formación en la Coruña tedes máis información

PARABÉNS CARMEN GONZÁLEZ (6º B)

A comunidade educativa do CEIP Vilaxoán quere felicitar á alumna de 6º B Carmen González Iglesias que a primeiros deste mes de outubro proclamouse subcampiona de España xunto coas súas compañeiras de batel (moitas delas exalumnas do cole) do club de remo de Vilaxoán.

Moitos parabéns a todas elas.

Foto publicada na Voz de Galicia

Neste artigo da Voz de Galicia "Tres Bateis arousáns subcampións de España" tedes máis información

Distribuir contido