Boas Mareas - CEIP Comercial

BRINCALETRAS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

Dentro do proxecto de investigación "Boas Mareas - CEIP Comercial" o equipo TIC - Edixgal creou dous BrincaLETRAS.

Nun deles o xogador debe escribir a palabra que corresponde ao establecemento definido, o outro está dirixido ao alumnado máis pequeno polo que neste caso o xogador debe escoller entre tres palabras a que corresponde ao establecemento definido.

BRINCALETRAS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS ESCRIBIR A PALABRA DEFINIDA

Se non podes ver ben o BrincaLETRAS pica aquí

BRINCALETRAS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS ESCOLLER A PALABRA DEFINIDA
Se non podes ver ben o BrincaLETRAS pica aquí

LIM AS FLORES DO NOSO XARDÍN

Para aprender moitas cousas sobre as flores e para comprobar os teus coñecementos sobre as mesmas, podes realizar estas actividades LIM.

Pica na imaxe para abrir a actividade

AS FLORES DO NOSO XARDÍN. XOGAMOS?

Con este Xogamos podes comprobar o que sabes sobre as flores.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

LIBRO ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS. CURSO 2017/2018

Para colaborar no proxecto de investigación de centro "Boas Mareas- CEIP Comercial", o alumnado de 5º elaborou nas clases de informática, un libro no que se recollen sesenta establecementos comerciais.

De cada establecemento se recolle: o seu nome e definición, os produtos que se poden mercar neles e unha imaxe representativa dos mesmos.

(Pica na imaxe para ver o libro)

ESTABLECEMENTOS COMERCIAL. XOGAMOS?

Con este Xogamos podes comprobar o que sabes sobre os establecementos comerciais.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

LIM ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

Para comprobar o que sabes sobre os establecementos comerciais podes realizar estas actividades LIM.

Pica na imaxe para abrir a actividade

BOAS MAREAS - CEIP COMERCIAL

Este ano como proxecto de investigación de centro imos transformar o colexio nun centro comercial no que cada nivel educativo encargarase dunha sección distinta do mesmo:

Educación Infantil 3 anos -Tenda de música

Educación Infantil 4 anos - Cine

Educación Infantil 5 anos - Tenda de fotografía

1º Primaria - Tenda de arte

2º Primaria - Florería

3º Primaria - Produtos lácteos

4º Primaria - Panadería e Pastelería

5º Primaria - Tenda de deportes

6º Primaria - Axencia de viaxes

Ademais dos aspectos específicos que se van a traballar dende cada unha destas temáticas, de forma conxunta traballaremos elementos como: o consumismo, os prezos, a publicidade, a lei da oferta e da demanda, a reciclaxe...

Distribuir contido