Peque ciencia
A LÚA E AS MAREAS. PROXECTO DE TERCEIRO DE PRIMARIA.
Os alumnos de terceiro traballaron sobre a lúa e a súa influencia nas mareas. Comprobaron na praia as mareas e montaron un acuario. |
O NOSO LIBRO DE EXPERIMENTOS
Libro de experimentos realizado polo alumnado de 6º, algunhas fichas teñen enlaces aos vídeos nos que os propios alumnos/as explican os seus experimentos.
|
APRENDEMOS A PROGRAMAR ROBOTS
O xoves 11 o alumnado de 6º participou nunha pequena charla práctica sobre programación de robots impartida por Susana Oubiña profesora de tecnoloxia e programación no IES Castro Alobre. Distribuídos en grupos de catro alumnos/as cada un cun ordenador portátil e un robot educativo Mbot aprenderon a crear un código de programación empregando o programa mblock.
Na primeira práctica o código programaba ao Mbot para que seguirá un percorrido marcado no chan. Na segunda práctica o alumnado tivo que crear un código para que os leds do Mbot amosará diferentes cores. |
UN MUSEO CIENTÍFICO NO COLE
Para seguir aprendendo cousas sobre a ciencia e o método científico achegouse ata o noso cole o museo itinerante "Ciencia en movimiento".
O alumnado de 5º e 6º organizado en grupos fixo experimentos de forza, rozamento, presión, atracción magnética... O resto do alumnado de primaria estivo moi atento ás explicacións de Suso e Silvia sobre os elementos que se mostran neste museo tan chulo. |
MATERIAIS E INSTRUMENTOS CIENTÍFICOS
O alumnado de 5º elaborou nas clases de informática fichas sobre distintos materiais e instrumentos científicos. Con todas as fichas fixemos un libro dixital.
Para comprobar se coñeces os materiais e instrumentos científicos, podes facer este libro de actividades Lim. Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela.
Reta a un compañeiro a un Xogamos? para comprobar quen sabe máis sobre os materiais e instrumentos científicos. Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela. |
CHARLA DO CIENTÍFICO CASTO RIVADULLA
O venres 24 de marzo recibimos no cole ao científico Casto Rivadulla que nos deu unha charla moi interesante sobre o cerebro: as súas partes, o seu funcionamento e as súas características.
Foi unha charla interactiva na que o científico mostrounos pequenos cerebros de animais, os sinais eléctricos necesarios para producir o movemento dos músculos e contestou todas as nosas dúbidas. |
DÍA DA MULLER E NENA CIENTÍFICAS
O sábado 11 de febreiro é o Día da Muller e nena científicas. Para conmemoralo no corredor principal do colexio fixemos un gran mural cunha baralla de cartas de mulleres que contribuíron co seu traballo ao mundo da ciencia. Se queredes descargar a baralla para poder imprimila e xogar na casa picade sobre o mural. |