Dalí
DALÍ, UN XENIO
Seguindo coa nosa investigación sobre Dalí descubrimos que na súa localidade natal de Figueras atópase o seu Teatro Museo, para coñecelo máis a fondo decidimos facer unha reprodución no colexio.
Xunto ao Teatro Museo podedes ver a nosa árbore dos reloxos brandos inspirada en varias obras de Dalí. Ademais de investigar, gústanos moito facer os quebracabezas dos cadros pintados por este xenio. Para acceder aos quebracabezas e xogos de memoria dixitais baseados nos cadros de Dalí debedes de picar no enlace. |
OS SOÑOS DE DALÍ
Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 e 4 anos estamos realizando un pequeno proxecto sobre Dalí co que queremos coñecer un pouco máis a este tolo e excéntrico pintor.
Xa aprendemos moitas cousas sobre a súa vida e agora estamos coñecendo algúns dos seus cadros.
|