Música Clásica

A MÚSICA CLÁSICA

A Música Clásica é o tema  que escollemos este ano no cole para a realización de moitas das actividades que levamos a cabo ao longo do curso.

 

O Equipo de Normalización Lingüística encárgase de achegar ao alumnado os sons clásicos mediante  audicións (no momento da entrada e no recreo)  das obras mais significativas de importantes compositores ( Mozart, Verdi, Strauss...).

Dende a biblioteca recoméndannos libros con temática musical.

O Equipo de Actividades Complementarias utiliza a Música Clásica como inspiración algunhas das súas actividades: "A sinfonía dos cogomelos" foi a maqueta formada por unha orquestra de cogomelos,  varias das actuacións do festival de Nadal centráronse na música clásica como "I am the music man" ou o coro de escravos de Nabucco, buscamos o son que ten a Paz, no Entroido disfrazámonos ao redor deste tema, tivemos como convidadas no Día da Muller Traballadora a mulleres que dedícanse á música...

O Equipo TIC elaborou un curso na Aula Virtual no que se recolle información, audicións e actividades sobre compositores e obrar relevantes.

Cada curso esta realizando un proxecto de investigación sobre un compositor ou unha obra musical.

No apartados de cada un destes equipos podes ver mais información sobre as actividades citadas.

 JCLIC "MÚSICA CLÁSICA"

Distribuir contido