As Arañas
AS ARAÑAS
Este ano os nenos e nenas de 4º de primaria decidimos facer o noso proxecto de investigación sobre as arañas.
|
|
En pequenos grupos estamos buscando información empregando libros, revistas e as novas tecnoloxías ( ordenador e internet) para posteriormente organizar dita información e expoñela ante o resto dos compañeiros e compañeiras coa finalidade de compartir con todos eles os nosos descubrimentos sobre estes interesantes "bichos". Se queredes saber algo máis das arañas podedes ver toda a información recollida para o proxecto e facer as actividades Jclic. |
CHARLA: "AS ARAÑAS"
O venres 4 de Xuño os nenos e nenas de 4º de primaria impartiron, ao resto do alumnando, unha charla sobre as arañas, xa que estes animais foron o obxecto de estudo do proxecto de investigación que realizaron este ano. A charla comezou coa proxección dunha presentación de diapositivas narradas elaborada polo propio alumnando, nela se explicaban diferentes aspectos e curiosidades destes artrópodos. Tras a mesma os asistentes realizaron as súas preguntas e resolveron algúnhas das dúbidas que tiñan sobre o tema. |