O Chocolate

O CHOCOLATE

Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 Anos están facendo unha investigación sobre o CHOCOLATE.

A partir do proxecto lector da biblioteca do centro "CONTOS CLÁSICOS", os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos fixeron unha selección dos seus preferidos, o máis votado foi: HANSEL E GRETEL, así xurdeu o noso interese por descubrir algo máis sobre O CHOCOLATE.

En asamblea os nenos e nenas foron dando os seus coñecementos sobre o que saben do tema.

 

Contamos coa colaboración da profe Loreto Brea ( EF e Informática) que conta cunha experiencia inesquecible da fabricade chocolate do seu avó: "Chocolates a Santiaguesa", sita en Pontevedra. Así nolo relatou coa admiración dos nenos. 

O xoves 5 de Febreiro fixemos unha receita relacionada co proxecto " PIRULÍS DE CHOCOLATE".

 

Antes de empezar a cociñar puxémonos os mandis de cociñeiros para non mancharnos.

Os ingredientes que empregamos foron: tableta de chocolate, un pouco de leite e unha pizca de azucre.  

Os pasos da nosa receita foron:

Partir o chocolate en anacos e metelos nun bol.

Botarlle por riba deles o leite e engadir o azucre.

Poñer o bol no microondas.

Verter o chocolate fundido nos molede e poñer un palillo

Meter na neveira

E xa está listo para comer.

 

 

 Como elemento final do proxecto estamos elaborando, entre todos os nenos e nenas da clase, a nosa propia "CASIÑA DE CHOCOLATE", empregando principalmente chocolate de distintos tipos e outras "chuches".

 

Se queredes saber algo máis do chocolate podedes  ver toda a información recollida para o proxecto, o conto da caiña de chocolate e facer as actividades Jclic nestes enlaces. 

INFORMACIÓN PROXECTO "O CHOCOLATE"

CONTO "A CASIÑA DE CHOCOLATE"

JCLIC "O CHOCOLATE"

 

Distribuir contido