Descifrando receitas
A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
Entre todos os nenos e nenas do cole construímos a Pirámide dos Alimentos, coa que descubrimos os alimentos que a forman, as cantidades diarias que temos que consumir de cada un e os ingredientes necesarios para unha dieta saudable e equilibrada.
|
JCLIC "UTILES DA COCIÑA E DA MESA"
O equipo TIC - ABALAR elaborou o paquete de actividades " Utensilios da cociña e da mesa" baseado no dicionario do mesmo nome elaborado polo alumnado de 5º. Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela. |
CURSO DE COCIÑA PARA GRANDES E PEQUENOS
Os días 14 e 15 de maio disfrutamos no noso cole dun taller de cociña para pais, nais e alumnado que resultou ser todo un éxito, tanto polo número de participantes como polos resultados obtidos. Tratábase de darlle unha forma divertida e lúdica a comidas elaboradas con productos básicos para a nosa alimentación e que non sempre son os que mais lles gustan aos peques: verduras, froitas, peixe... REPETIREMOS!!
|
UTENSILIOS DA COCIÑA E DA MESA
O alumnado de 5º colaboramos no proxectos de investigación "Descifrando receitas" utilizando os nosos equipos Abalar para crear un dicionario no que se recollen distintos utensilios empregados na cociña e na mesa. Se queredes comprobar se coñecedes os utensilios podedes facer o Brincaletras "Utensilios da cociña e da mesa" que se atopa na anterior nova. |
RECEITAS DE CUBA
O alumnado de 3º seguimos co proxecto do cole "Descifrando receitas". Para iso tivemos a axuda dunha mamá que nos explicou diferentes receitas da gastronomía cubana. Así como a súa cultura e outros datos moi interesantes de Cuba.
|
RECEITAS DE PAZ
Con motivo da celebración do Día da Paz, e dado que estamos traballando as receitas, o alumnado de 6º fixo unha receita moi especial que esperamos que vos guste. |
MERENGUE SUÍZO
Seguindo co proxecto de investigación "Descifrando receitas", os nenos e nenas de 5º e 6º elaboramos unha receita de "Merengue Suízo". Se queredes facela precisades os seguintes ingredientes: 3 claras de ovo, 3 culleres de azucre e 5 pingas de limón. Comezamos botando as claras nun recipiente e batindo cunha varilla, a medida que vaia subindo engadimos o azucre e as pingas de limón sen deixar de bater ata que teña un aspecto compacto e branco. Nos empregamos o merengue para encher uns hoxaldres que quedaron moi ricos. |
O LIBRO DE RECEITAS DE 3º B
Os nenos e nenas de 3º B estivemos traballando distintas receitas para o proxecto do colexio . Estas foron as que máis nos gustaron. |
CHULAS DE CALACÚ
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos chulas de calacú dentro das actividades do proxecto de investigación "Desmenuzando receitas". Entre todos mesturamos os ingredientes para preparar a masa e despois con moito coidado botámola na prancha. Se queredes preparalas na casa, estes son os ingredientes e os pasos que debedes seguir: 800 gr. de calacú 100 gr de fariña Un pouco de azucre Un pouco de sal 8 ovos 2 cartóns de leite 1 limón 1 paquete de manteiga derretida 1 pouquiño de levadura 1 pouco de aceite Botar nun recipiente grande o calacú cocido e mesturar con ovos. Engadir pouco a pouco o leite e seguir mesturando. Relar o cáscara do limón e engadila á masa xunto coa manteiga. Quentar a prancha cun pouco de aceite e con coidado verter a masa facendo un círculo pequeno. Dar a volta ás chulas e cando estea lista sacar da prancha e botarlle un pouco de azucre por riba. Bo proveito. |