Oferta educativa

OFERTA EDUCATIVA DO CENTRO

 ENSINANZAS IMPARTIDAS NO CENTRO    

       Educación Infantil

       → Educación Primaria

 

 PROGRAMAS DE INNOVACIÓN AOS QUE ESTÁ ACOLLIDO O CENTRO

 REFÓRZA-Tde 3º a 6º de primaria.

 → Centro Plurilingüe

Sección Bilingües na materia de plástica en 3º e 4ºde Primaria

 → Plan Mellora de Biblioteca 

 → Plan Mellora do Éxito Escolar

 → Auxiliar de conversa en lingua estranxeira ( Inglés)

 → Proxecto EDIXGAL

 → Programa de mediación do alumnado de 6º nos recreos incluído no Plan de Convivencia

CEIP VILAXOÁN

Licencia Creative Commons

O QUE OFERTAMOS AO NOSO ALUMNADO

Para conquerir os obxectivos que figuran no noso Proxecto Educativo de Centro e que conforman o noso ideario, buscamos a mellor oferta educativa  e de conciliación familiar para o noso alumnado:

  • Xornada Continuada e Comedor Escolar.

  • Actividades Extraescolares polas tardes.

  • Inglés, Psicomotricidade e Educación Musical impartidas por profesorado especialista desde os 3 anos.

  • Traballamos con ordenadores desde os 3 anos con terminais en cada aula e na aula de Informática. Tódalas aulas de Educación Infantil e Primaria dispoñen de proxector conectado ao ordenador.

  • Aulas Abalar no 3º ciclo nas que cada alumno/a traballa diariamente co seu ultraportátil.
  • Biblioteca para Ed. Infantil e Biblioteca de Pais.

  • Biblioteca de Primaria con sesións semanais específicas e con préstamo de libros. Desde a Biblioteca impulsamos o Proxecto Lector de Centro.

  • Integración das familias na vida do Centro: Participación activa nas celebracións, excursións, actividades, proxectos, cursiño de informática, charlas, cafés filosóficos..dentro da "Escola de Pais e Nais"

  • Aula Bilingüe no 2º ciclo cunha asignatura en inglés, ademáis das sesións propias desta asignatura.

  • Desenvolvemento en todas as titorías do "Proxecto dos bos modais" dentro do Plan de Convivencia do Centro.

  • Desenvolvemento do "Plan Proa" con clases de apoio fóra do horario escolar para alumnado de 3º a 6º que o precise.

  • Departamento de Orientación, con unha orientadora, que é psicóloga,  para dar resposta as necesidades que van xurdindo no centro. Profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe con programas específicos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

  • Saídas didácticas durante o curso, dentro e fóra do Concello.

  • Sesións para todo o alumnado no centro ofrecidas por: contacontos, ilustradores, grupos de teatro, músicos...

  • Fomento de distintos proxectos e talleres e participación de todo o alumnado nos mesmos: horta escolar, taller de reciclaxe, taller de cociña, revista escolar, taller de teatro, coro escolar...

CEIP VILAXOÁN

Licencia Creative Commons

Distribuir contido