Normas funcionamento

NORMAS DE FUNCIONAMENTO ENTREGADA AS FAMILIAS

1.- O alumnado non sairá do recinto do Colexio desde que chegue o transporte escolar, estando vixiado polo profesorado.

(En caso de necesidade a titora autorizará a saída en compañía dun familiar)

2.- Recoméndase que o alumnado non traia cartos ó Colexio. As familias deberán controlar o consumo  de lambetadas.

3.- É importante  ser puntuais nas entradas e evitar retrasos na recollida dos seus fill@s.

    (O recinto escolar pecharase pasados 15 minutos da hora de entrada. Se por calquera motivo chegasen tarde, deberán tocar o timbre instalado no portal do aparcamento)

4. - É necesario xustificar as faltas de asitencia do alumnado. No caso de que as faltas sexan previsíbles, agradeceriamos o aviso anticipado.

5.- Comunicarase, coa maior brevidade posible, calquera cambio nos datos do alumn@.

6.- Hai que vixiar especialmente os aspectos relacionados coa hixiene, como parte fundamental da súa formación.

7.- En caso de accidente ou indisposición, avisarase de inmediato ás familias.

    (Se a gravidade o requerise, trasladariamos ao alumn@ a un Centro de Urxencias do SERGAS).

8. - Agradeceriamos aos pais/nais, que respetasen o aparcamento reservado para o Centro.

9- Debemos colaborar entre todos para que o alumnado coide o seu material, as instalacións do Centro e o entorno no que se desenvolve.

10.- Non dubiden en facernos chegar calquera consulta ou suxerencia. Recomendamos que se entrevisten periodicamente cos titores/as. Rogamoslle tamén que participen nas reunións e actividades convocadas polo Centro.

CEIP VILAXOÁN

Licencia Creative Commons

Distribuir contido