CHULAS DE CALACÚ

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos chulas de calacú dentro das actividades do proxecto de investigación "Desmenuzando receitas".

Entre todos mesturamos os ingredientes para preparar a masa e despois con moito coidado botámola na prancha.

Se queredes preparalas na casa, estes son os ingredientes e os pasos que debedes seguir:

800 gr. de calacú

100 gr de fariña

Un pouco de azucre

Un pouco de sal

8 ovos

2 cartóns de leite

1 limón

1  paquete de manteiga derretida

1 pouquiño de levadura

1 pouco de aceite

Botar nun recipiente grande o calacú cocido e mesturar con ovos. Engadir pouco a pouco o leite e seguir mesturando.

Relar o cáscara do limón e engadila á masa xunto coa manteiga.

Quentar a prancha cun pouco de aceite e con coidado verter a masa facendo un círculo pequeno.

Dar a volta ás chulas e cando estea lista sacar da prancha e botarlle un pouco de azucre por riba.

Bo proveito.

VER FOTOS CHULAS