DECORACIÓN HALLOWEEN E SAMAÍN 2011

Para celebrar a noite de Halloween fixemos un gran mural cos debuxos que o alumnado realizou nas clases de inglés e cos calacús e morcegos que realizou o alumnado das aulas bilingües de plástica.

Así mesmo os nenos e nenas de 2º fixeron un pequeno mural con motivos do Samaín.