HALLOWEEN 2010

 Para celebrar a noite meiga de Halloween o alumnado decorou a entrada do centro coas súas manualidades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron casas encantadas empregando briks.

O alumnado de 3º e 4º realizou uns fermosos gatos na clase bilingüe de plástica.

A nosa bruxa e uns calacús con caras completaron a terrorífica montaxe.