MAGOSTO 09

 O mércores 11 de novembro foi o día no que celebramos o Magosto no cole.

Nas primeiras horas da mañá elaboramos os nosos cucuruchos e fixemos traballos sobre este froito de outono para expoñelos no corredor da entrada xunta a nosa mascota desta festa "Castañita".

As once baixamos ao patio para participar nos xogos populares organizados polos nenos e nenas de sexto: bolos, dar de comer aos tragacastañas, guiar o aro, carreiras de sacos, chapas, zancos...

Unha vez rematados os xogos achegámonos ata a zona do patio na que os pais e nais da ANPA estaban asando as castañas, alí ao carón do lume entoamos unha canción dedicada a esta festa tradicional galega.

E por fin chegou o momento de comer as castañas que este ano estiveron acompañadas por uns boliños "preñados" de chourizo e de zumes.