SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022. CURSO 2021/2022
Ao longo da semana das Letras Galegas fixemos no cole distintas actividades para conmemorar esta importante data para a nosa lingua. O alumnado de Educación Infantil e dos catro primeiros cursos de primaria asistíu a unha actuación de contos e cancións realizada por Susa Herrera.
Nas aulas proxectamos distintas películas en lingua galega para as que fixemos as nosas entradas. Tamén tivemos unha actuación interativa para todo o alumnado do centro do grupo "Trémula teatro" na que lles contaron a vida de Florencio Delgado. Tras esta actuación entregamos os premios aos alumnos/as gañadores do concurso "Contos no camiño", actividade organizada polo EDLG na que as familias tiñan que enviar un audio coa gravación do relato dun conto no que se fixera referencia ao Camiño de Santiago. |
|
AUDIOS GAÑADORES CONTOS NO CAMIÑO Pica sobre o nome do conto para escoitalo |
|
Marcos Alonso Barreiro EI 3 |
Aitana Barreiro Vales 1º |
Gretta García Pérez 3º |
Hugo Viaño Blanco 3º |
Pablo Rodríguez Dorgambide 3º Daniela Rodríguez Dorgambide 5º A |
Timothé Warnier Contreras 5ºA
|