DÍA DO LIBRO 2022; AS FAMILIAS CONTAN. CURSO 2021/2022

Para conmemorar o Día do Libro, dende a biblioteca convidamos ás familias a que viñesen ao cole a contar contos.

Ao longo da semana recibimos a varias nais que quixeron participar na actividade contando contos ao alumnado da clase dos seus fillos/as. Moitas grazas a todos elas por colaborar connosco na realización desta actividade.

Así mesmo, queremos felicitar ao alumno Martín Santos de 2º de primaria que recibiu un agasallo da biblioteca pública por ser un bo lector.

FOTOS AS FAMILIAS CONTAN