O MAR NO CAMIÑO
Dentro do proxecto de investigación de este ano os nenos e nenas de 4 e 5 anos participaron na actividade " O mar no camiño".
Comezaron escoitando o conto que narra as aventuras da vieira Migueliña que xunto cos seus amigos realiza o camiño a Santiago por mar. A continuación realizaron un taller de origami no que aprenderon a facer unha xarda e mexillóns. Todos estes alumnos e alumnas recibiron como agasallo un exemplar do conto da vieira Migueliña. |