A Xunta Electoral do CEIP Plurilingüe Vilaxoán fai publica a convocatoria de eleccións a representantes dos distintos sectores da comunidade educativa segundo o disposto na Resolución do 10 de Setembro de 2024 (DOG do 18 de Setembro) en virtude do cal aproba o seguinte calendario electoral:
- 4 de Novembro; publicación dos censos electorais de cada sector. O censo de pais/nai/titores legais do alumnado pode consultarse na porta interior de acceso ao centro.
- Ata o 11 de Novembro; período de reclamacións do censo.
- Do 4 ao 11 de Novembro; prazo de presentación das candidaturas. Todos os pais/nais/titores legais do alumnado que figuran no censo electoral son electores e elixibles polo que se o desexan poden presentar a súa candidatura entregando no centro esta solicitude de candidatura.
- 12 de Novembro; proclamación e publicación das candidaturas presentadas. Sorteo público dos integrantes das mesas electorais
- 13 e 14 de Novembro; reclamacións ás candidaturas proclamadas.
- 19 de Novembro; celebración das votacións dos distintos sectores educativos. O horario de votacións para os representantes de pais/nais/titores legais é de 9:30 a 10:30 e de 14:00 a 17:00. Tanto a nai coma o pai ou os titores legais do alumnado poden exercer o seu dereito a voto.
- 3 de Decembro; reunión de constitución do novo Consello Escolar.
|