O MILLO
O alumnado de 3º de primaria realizou durante este curso un proxecto de investigación sobre o MILLO. Tras a busca de información na rede aprenderon moitas cousas sobre a botánica deste cerala, sobre a súa orixe e como foi descubrimento por parte dos pobos europeos. Tamén aprenderon cales son os países productores de millo e como é o proceso de cultivo. Como parte do proxecto realizaron unha visita aos muíños de Ribadumina e no colexio aprenderon a facer pan de millo e recompilaron receitas co millo como ingredente, adiviñas e poesías que falan deste cereal. Agora saben que con distintas partes da planta do millo pódese facer xoguetes, instrumentos musicais e outros utensilios. Con toda esta información elaboraron o un libro sobre o MILLO e empregaron todos os coñecementos adquiridos para resolver as actividades Jclic que sobre o tema creou o equipo TIC. |