O CHOCOLATE
Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 Anos están facendo unha investigación sobre o CHOCOLATE. A partir do proxecto lector da biblioteca do centro "CONTOS CLÁSICOS", os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos fixeron unha selección dos seus preferidos, o máis votado foi: HANSEL E GRETEL, así xurdeu o noso interese por descubrir algo máis sobre O CHOCOLATE. En asamblea os nenos e nenas foron dando os seus coñecementos sobre o que saben do tema.
Contamos coa colaboración da profe Loreto Brea ( EF e Informática) que conta cunha experiencia inesquecible da fabricade chocolate do seu avó: "Chocolates a Santiaguesa", sita en Pontevedra. Así nolo relatou coa admiración dos nenos. O xoves 5 de Febreiro fixemos unha receita relacionada co proxecto " PIRULÍS DE CHOCOLATE".
Antes de empezar a cociñar puxémonos os mandis de cociñeiros para non mancharnos. Os ingredientes que empregamos foron: tableta de chocolate, un pouco de leite e unha pizca de azucre. Os pasos da nosa receita foron: Partir o chocolate en anacos e metelos nun bol. Botarlle por riba deles o leite e engadir o azucre. Poñer o bol no microondas. Verter o chocolate fundido nos molede e poñer un palillo Meter na neveira E xa está listo para comer.
Como elemento final do proxecto estamos elaborando, entre todos os nenos e nenas da clase, a nosa propia "CASIÑA DE CHOCOLATE", empregando principalmente chocolate de distintos tipos e outras "chuches".
Se queredes saber algo máis do chocolate podedes ver toda a información recollida para o proxecto, o conto da caiña de chocolate e facer as actividades Jclic nestes enlaces. INFORMACIÓN PROXECTO "O CHOCOLATE"
|