CHARLA DO SERVIZO DE EMERXENCIAS DE GARDACOSTAS DE GALICIA

O 18 de Abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunha charla impartida por un membro do Servizo de Emerxencias de Gardacostas de Galicia, como complemento ao traballo realizado nas clases de Educación Física sobre primeiros auxilios.

O rescatador do helicóptero deste servizo explicounos en que consiste o seu traballo, ensinounos o material que se utiliza nun rescate e falounos do máis importante nestes casos: A PREVENCIÓN.

Así, o alumnado do noso centro, aprendeu aspectos a considerar ante as situacións de perigo no mar e a prestar axuda da mellor maneira posible neste tipo de emerxencias.

VER FOTOS CHARLA SERVIZO DE EMERXENCIAS