DÍA DA MULLER 18: MULLERES EMPRENDEDORAS
Este ano conmemoramos o Día da Muller o venres 9 de marzo cun día de atraso, recibindo no cole a catro mulleres emprendedoras cuxos traballos están relacionados coa actividade comercial. - Silvia Rubianes propietaria dunha florería. - Ángela De La Torre nutricionista - Rocío Louzán comerciante e presidenta da asociación de comerciantes Zona Aberta. - Teresa Brianes deseñadora de páxinas web e especialista en marketing.
Explicáronnos a súa actividade diaria no traballo e responderon ás nosas dúbidas e preguntas. Aproveitamos esta nova para agradecerlles que aceptaran a invitación do cole e que compartirán con todos nos un pouco do seu tempo. |