COÑECENDO O BALONCESTO

O clube de baloncesto Vilagarcía estivo estes días no cole para achegar este deporte ao alumnado de primaria.

A actividade foi realizada en tres sesións de media hora de duración cada unha delas. Na primeira, realizada o martes 10 de outubro participaron os nenos e nenas de 1º e 2º. O martes 17 foi a quenda do alumnado de 3º e 4º e o xoves 19 puxeron punto e final á actividade os alumnos e alumnas de 5º e 6º.

Todos eles participaron en diversos xogos e actividades de dominio do balón, bote, tiro a canastra, roubo de balón e defensa... adaptados sempre a idade dos participantes.

VER FOTOS