EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO E ZUMBA

O 27 de Setembro tivemos no cole unha pequena exhibición de taewkondo e de Zumba, á que asistiu o alumnado de Educación Infantil 4 e 5 anos e todo o alumnado de primaria.

A actividade comezou cunha breve explicación sobre a historia do taekwondo e as formas de competición e proseguíu cunha exhibición de técnica e de combate.

A continuación tivemos unha pequena clase de zumba na que o alumnado moveuse seguindo os pasos da monitora.

Para finalizar dous dos nosos compañeiros, Xoel de 4º A e Sergio de 6º B mostráronnos as súas habilidades no taekwondo.

VER FOTOS EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO E ZUMBA