APLICACIÓN ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS
Abalar móbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos no seu teléfono móbil. Entra as funcionalidades e servizos que ofrece as familias atópanse: - Acceder aos datos persoais. - Consultar as cualificacións. - Comprobar e xustificar as faltas de asistencia. - Consultar o apartado de faltas de conducta. - Solicitar unha titoría. - Consultar os datos do centro educativo. - Consultar os avisos e notificacións. - Consultar as incidencias. No vídeo e no manual explícase como instalar e utilizar a aplicación abalar móbil.
|