DÍA DA MULLER 2016
Este 8 de Marzo quixemos conmemorar o Día Internacional da Muller organizando unha charla coloquio convidando a mulleres que traballan ou realizan actividades relacionadas coa arte, xa que esta é a temática do noso proxecto de investigación deste ano.
Contamos coa presenza de: Viki Lis que ademais de ser nai de dúas das nosas compañeiras é actriz. Lucía César, especialista en música tradicional galega. Rocío Culler, pintora e innovadora en técnicas con papel. Mar Barral, ceramista. Todas elas contáronnos en que consiste o seu traballo, mostráronnos exemplos do mesmos e na última parte da charla contestaron ás nosas preguntas. Ademais fixemos un mural sobre a igualdade á hora de repartir as tarefas na casa.
|