CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO 2015
Porque todos somos diferentes e a diferencia enriquécenos, o cole de Vilaxoán súmase á celebración do 2 de Abril como DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.
As imaxes empregadas no deseño deste cartel son pictogramas de ARASAAC Para que coñezades un pouco máis sobre o autismo, deixámosvos a continuación un tríptico e varios vídeos.
Vídeo para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. "Unha viaxe interestelar a través do autismo"
Vídeos para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º. "Meu irmanciño da Lúa"
"Por cuatro esquiniñas de nada"
Vídeos para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. "Hugo, un amigo con Asperger" |