Actividades biblioteca cursos anteriores

CONCURSO BANDA DESEÑADA DÍA DO LIBRO. CURSO 2020/2021

Entre as actividades de celebración do Día do Libro, o equipo de biblioteca convocou un concurso de banda deseñada no que o tema central da mesma tiña que ser a lectura, os libros...

Pica na imaxe para ver as bandas deseñadas gañadoras nas distintas categorías e as máis destacadas. Se queres lelas con máis calma podes pausar o vídeo.

Coma sempre, Colorín quere darvos as grazas pola vosa participación.

LIM: SUPER HEROÍNAS

Con este Lim poderás coñecer e xogar coas super heroínas que vos creáchedes.

Pica na imaxe para abrir a actividade

DÍA DE ROSALÍA 2021. CURSO 2020/2021

Hoxe 24 de Febreiro, celebramos o día de Rosalía estreando un novo programa de radio. Neste  "Colorín nas ondas" participamos alumnos e alumnas de todos os cursos do cole recitando algúns dos famosísimos poemas do seu libro  "Cantares gallegos". Cal é a túa poesía favorita?

Ademais, o alumnado de sexto curso tamén se atreve con poemas de creación propia.
Esperamos que che guste este programa e esperámoste no seguinte!

Pica na imaxe de Rosalía para escoitar o programa.

RECOMENDACIÓNS PARA UN NADAL DIFERENTE. CURSO 2020/2021

Colorín e o equipo da biblioteca do cole queren recomendarvos unha serie de libros para este Nadal que vai a ser un pouco diferente aos anteriores.

Pica na imaxe para ver o tríptico

CONCURSO DE DEBUXO SUPER HEROÍNA. CURSO 2020/2021

Dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero o equipo de biblioteca do cole convocou un concurso de debuxo de "Super heroínas".

Pica na imaxe para ver os debuxos gañadores nas distintas categoría e os debuxos destacados de cada curso.

Colorín quere darvos as grazas pola vosa participación.

A NOVA NORMALIDADE DA BIBLIO DO COLE. CURSO 2020/2021

Se queres coñecer como vai a ser a nova normalidade da biblio neste curso 2020/2021 pica na imaxe para ver un vídeo no que se explica o seu funcionamento.

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O VERÁN. CURSO 2019/2020

Neste vídeo facémosvos algunhas recomendacións de lecturas para este verán.

Pica na imaxe para ver o vídeo

ROSCO: PERSONAXES DE LIBROS E CONTOS. CURSO 2019/2020

Atréveste a facer este rosco sobre personaxes de libros e contos.

Pica na imaxe

DÍA DO LIBRO: AS NOSAS LECTURAS NA RADIO DA BIBLIO. CURSO 2019/2020

Este ano temos que conmemorar o Día do Libro dende a casa, por iso Colorín propúxovos que gravárades un audio lendo un anaquiño dun libro.

Dende aquí poderedes escoitar esas lecturas. Imos ir subíndoas pouco a pouco.

Mini programa 1 - Publicado o 23 de Abril

Mini programa 2 - Publicado o 24 de Abril

Mini programa 3 - Publicado o 27 de Abril

Mini programa 4 - Publicado o 28 de Abril

Mini programa 5 - Publicado o 29 de Abril

RECOMENDACIÓNS DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020. CURSO 2019/2020

23 de Abril

DÍA DO LIBRO... na casa

Como este ano non podemos celebrar o día do libro lendo e compartindo contos na biblioteca, espero que desfrutedes estas lecturas dende a casa. Hainas de todo tipo así que busca a túa favorita!

Moitas apertas,

Colorín

Pica nas imaxes para acceder aos contos

CONTOS CONTADOS

Deses que desfrutan tanto os peques como os maiores, ideais para compartir en familia.

 CONTOS CANTADOS

Éxitos de OQO para os máis cantarís da familia.

 

 CONTOS EN CURTAS

Contar en imaxes a maxia de ler.

 CONTOS PARA O FUTURO

Booktráilers de Kalandraka para ir facendo unha lista de libros a ler cando acabe o confinamento.

 CONTOS EN AUDIO - Audiocontos

Historias para escoitar e imaxinar.

 

 CONTOS EN MOVEMENTO

Anímate a facer o teu propio flipbook!

 

CONTOS EN DIXITAL

Mis primeros cuentos cortos.

14 historias de la pequeña Nené.

Para os máis pequenos

Cómo enseñar a tu cocodrilo a lavarse los dientes

Para os máis pequenos

Caperucita de colores

A partires de 3 anos

Cuentos cortos de animales en peligro

A partires de 3 anos

La A aventurera

A partires de 3 anos

Abececirco

A partires de 3 anos

Los pollitos en el colegio

Primeiros lectores

Feliz feroz o lobiño riquiño

De 6 anos en adiante

Fred Quincalla. O nómade do mar.

A partires de 8 anos

Lola Pimienta y el secuestrador de perros

A partires de 8 anos

El misterio de la Casa del Terror

A partires de 8 anos

Vaia tropa!

Poesía para poetas absurdos de máis de 9 anos.

Los descazadores de especies perdidas

A partires de 10 anos

El club de los Caníbales se zampa a Don Quijote

A partires de 10 anos

Distribuir contido