Os meses e as estacións con mBot
Neste curso puxemos en marcha o proxecto "Introdución da robótica en Primaria" da Consellería de Educación. Para traballar os meses do ano e as estacións utiizamos os mBots.
- Fase de documentación: buscamos información sobre o sistema solar. Os movementos da terra. Os meses e as estacións.
- Deseño: con cinta adhesiva recreamos no chan da clase as órbitas dos planetas colocando tamén o sol. Colocamos os nomes dos meses do ano e as estacións.
- Programamos os mBots co sensor segueliñas.
- Puxemos o robot na órbita do planeta terra e a medida que ía pasando polos diferentes meses ímolos dicindo e o mesmo coas estacións do ano.
- Creamos uhna árbore a cal representamos nas diferentes estacións do ano. Na primavera chea de follas, no verán chea de froitas, no outono con follas marróns e laranxas e no inverno sen follas. A medida que o mBot vai pasando polas diferentes estacións vai aparecendo unha fase da árbore