Dados e historias III
Continuamos coa actividade Dados e historias III, hoxe achegamos dúas fichas novas para traballar cos dados que xa tiñamos.
Ficha 5. Lanza os dados e crea a túa historia
Nesta actividade faremos o seguinte. Crearemos unha historia dividíndola en introdución, nudo e desenlace.
- Lanzamos os dados enriba da ficha.
- Empregamos os que están dentro dos puntos.
- Empregamos en cada parte os dados que se atopan enriba.
Ficha 6. Crea a túa historia perfecta
Nesta actividade temos unha ficha para completar con anotacións. Podemos empregar os dados ou non. Temos distintos apartados nos que ir engadindo datos de personaxes, o escenario, a trama e a descripción.
Eu quedo na casa
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ficha 6.jpg | 166.43 KB |
Ficha 5.jpg | 34.26 KB |