¡¡¡Xa está eiquí, outro ano máis!!! Chega o ENTROIDO 2013, ao noso centro. Como tódolos anos durante toda a semana os nenos foron cumprindo os mandadiños que lles dícía O MECO, e o venres día 8 de febreiro, levaremos a cabo no centro o GRAN DESFILE DE ENTROIDO 2013. Si o tempo nos respeta, faremos un percorrido polo pobo de San Cosme. Se non faremos o Entroido no centro con música, piñatas e desfile dos diferentes cursos, para posteriormente rematar xantando todas aquelas lambetadas que tan amablemente traen tódolos anos as familias. A DISFRUTAR, QUE TOCA!!!!!! Para ver as fotos desta celebración, pica en calquera das fotos.