Skip to Content

2011-2012

CHARLA: "INICIACIÓN AO MUNDO DAS AVES" 20-01-12

O VENRES, DÍA 20 DE XANEIRO, LEVOUSE A CABO NA AULA DE AUDIOVISUAIS DO COLEXIO, UNHA CHARLA SOBRE "A INICIACIÓN AO MUNDO DAS AVES" EN HORARIO DE 10 A 12 DA MAÑÁ, PARA OS NENOS DE 2º DE PRIMARIA E DO 2º E 3º CICLOS DE PRIMARIA. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POLA XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DAS ÁREAS NATURAIS PROTEXIDAS DE GALICIA: VIVE AO NATURAL!!!


  


 PODES VER O VÍDEO DESTA CHARLA NO "BLOG DA BIBLIOTECA" OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2012/01/charla-no-noso-cole-achegamento-ao.html

PETER PUNK E "A CHUNGATRONA" 20-12-11

O MARTES, DÍA 20 DE DECEMBRO, EN HORARIO DE TARDE E NO PATIO CUBERTO DO COLEXIO, TIVO LUGAR A ACTUACIÓN DE UN ARTISTA XA COÑECIDO POR TODOS NÓS: PETER PUNK "chungo, chungo que te cagas". DE FEITO XA ACTUOU PARA TODOS NÓS NA CONVIVENCIA DE BALA´RES DE FAI UNS ANOS. ESTE CURSO VEN CO SEU NOVO ESPECTÁCULO "A CHUNGATRONA" CO QUE FIXO REIR E SALTAR DOS ASIENTOS A TÓDOLOS ASISTENTES, GRANDES E PEQUENOS.


 

MAXÍA E CIENCIA. C3M DA COSTA DA MORTE 19-12-11

O LUNS, DÍA 19 DE DECEMBRO, TIVEMOS A ACTUACIÓN DUN PAIASO, PROCEDENTE DO GRUPO C3M DA COSTA DA MORTE, QUE REPRENTOU NO PATIO DO CENTRO, E PARA TODOS OS ALUMNOS UN ESPECTÁCULO DE MAXÍA E CIENCIA.


            

CONTACONTOS "O CARBALLO CON BOTAS" ANXO MOURE 15-12-11

O XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO, TIVEMOS NO CENTRO AO CONTACONTOS ANXO MOURE CO SEU ESPECTÁCULO "O CARBALLO CON BOTAS". ESTA ACTIVIDADES REALIZOUSE NA BIBLIOTECA, CON TODOS OS NENOS DO COLEXIO. A TEMÁTICA DESTA ACTIVIDADE ESTABA DIRECTAMENTE RELACIONADA COA TEMÁTICA QUE SE ESTÁ A DESENROLAR NO CENTRO: OS BOSQUES.


     

DEREITOS DOS NENOS-VIII CARREIRA SAVE THE CHILDREN 12-12-11

O LUNS DÍA 12 DE DECEMBRO DE 2011, CELEBRAMOS NO PATIO DO COLEXIO O DÍA DOS DERITOS DOS NENOS, FACÉNDOO COINCIDIR COA VIII CARREIRA POLA SOLIDARIEDADE "SAVE THE CHILDREN". REALIZÁRONSE DIFERENTES ACTIVIDADES, E CANCIÓNS, ASÍ COMO MANIFESTOS EN CONMEMORACIÓN DESTE DÍA TAN SINALADO. AO FINAL RECADÁRONSE 100 € QUE XA FORON INGRESADOS NA CONTA DESTA ONG NO BANCO DE SANTANDER.


             

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ás 12:30 haberá no centro unha xuntanza da "Escola de pais" co visionado do documental “Amores que matan” de Iciar Bollaín e debate.


                                       


    

CONCERTO DIDÁCTICO NA PICOTA: SON+D2

O vindeiro xoves, día 17 de novembro, terá lugar no auditorio do Concello (A Picota), o Concerto Didáctico a cargo do grupo "Son+d2". O concerto terá lugar ás 11 da mañá e é para tódolos alumnos do centro. Eiquí vos quedan una enlaces para poder ver o tríptico do concerto e máis unha unidade didáctica do mesmo.



UNIDADE DIDÁCTICA

O MAGOSTO 2011

Celebramos o noso Magosto o xoves día 10 de novembro, no patio do colexio, ante a previsión, como así foi, de que o venres chovese. Os alumnos sairon ás 15:45 para o patio onde antes de comer as castañas, cantaron con instrumentos a canción "O agro" coa axuda inestimable da profe de música.


   

PROXECTO ANUAL: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS

Por fin está rematado o cartel para a nosa campaña-proxecto de este ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS.

Podedes consultar toda a información e recursos necesarios no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

CHARLA SOBRE "OS COGOMELOS" 07-11-11

O luns día 7 de novembro, tivemos no centro unha charla sobre "Os cogomelos", ás 15:10 horas para os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria, dentro das actividades que se están a desenrolar no centro coa temática dos bosques.


          


 PODES VER O VÍDEO DESTA CHARLA NO "BLOG DA BIBLIOTECA" OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2011/12/charla-no-cole-achegamento-ao-mundo-do.html

VIDEOCONFERENCIA DE ISABEL FRAGA VILA SOBRE OS BOSQUES 04-11-11

Como ben sabedes, durante este curso estamos a traballar o tema dos bosques e participaremos en todas aquelas actividades complementarias nas que se nos presente oportunidade e que estén relacionadas con esta temática. 


É por ista razón pola que o pasado venres día 4, participamos nunha vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta.


Mª Isabel Fraga Vila é a directora do Museo de Historia Natural e profesora de Botánica da Facultade de Bioloxía da USC. Publicou, entre outros traballos de investigación e divulgación no ámbito da botánica, a Guía Verde de Santiago de Compostela (Alvarellos 2010), un traballo que recolle información sobre todos os parques e zonas verdes da capital galega, ademáis dunha guía botánica con fotos, debuxos e comentarios de 150 especies arbóreas presentes na cidade.


         


PODES VER O VÍDEO DESTA VIDEOCONFERENCIA NO BLOG DA BIBLIOTECA OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2011/11/mana-videoconferencia-sobre-os-bosques.html

SAMAÍN 28-10-11

O PASADO 28 DE OUTUBRO DE 2011, DÉRONSE A COÑECER OS GAÑADORES DO CERTAME LITERARIO DE CONTOS DE MEDO E DO CONCURSO DE CABAZAS, ORGANIZADO ESTE ANO PARA CELEBRAR O SAMAÍN, QUE FORON OS SEGUINTES:


GAÑADORES "CONCURSO LITERARIO DE CONTOS DE MEDO 2011"




  • Premio para ED. INFANTIL co seu conto "Fantasma de medo".


  • Premio para o 2º curso de primaria co seu conto: "O Lobishome no bosque".


  • Premio do 2º ciclo de primaria para a alumna de 3º curso Julia Pereira Facal co seu conto: "Mate o bosque maldito".


  • Premio do 3º ciclo de primaria para a alumna de 6º curso Tatiana Barcia Blanco co seu conto: "O bosque embruxado".

     


GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS




  • 1º Premio Xabier París Moledo 4º Primaria


  • 2º Premio Miriam Cambeiro Caamaño 6º Primaria


  • 3º Premio Ainhoa Cal Currais Ed. Infantil

   



 

ACTIVIDADES TIC

Na dirección:

http://ticcarballeira.wordpress.com/   

Podedes atopar o Blog creado polo equipo TIC do CEIP "A Carballeira" de Lourizán no que temos clasificadas por áreas distintas actividades TIC que facilitarán o traballo dos mestres/as. Esta dirección tamen está en xogos e recursos do alumnado e no Departamento TIC´S.

O NOSO PADRIÑO DA BIBLIOTECA, D. ÁNGEL CARRACEDO, RECIBE O PREMIO ADELAIDA.


El gallego Ángel Carracedo recibe el premio más importante de la Medicina Forense.


El director del Instituto de Medicina Legal obtiene la Medalla Adelaida por su contribución en los avances tecnológicos en esta área. Es el primer galardonado que no procede de un país anglosajón.

Distribuir contido


by Dr. Radut