Skip to Content

Concerto Festiña das Flores

O pasado venres 27 de maio a nosa orquestra deu un Miniconcerto de tres cancións na Festiña das Flores.

Foi marabilloso!

Mirade que ben o fixeron!

Moitísimas grazas á Asociación Provivienda por contar connosco.

 

Campamento de verano 2022

Campamento verano no Risco

Xa está aberta a inscripción ao campamento.

Pode asistir alumnado de fóra do centro.

No arquivo adxunto está a ficha de inscripción. Esta ficha tamén se pode recoller no Centro.

 

Florencio Delgado Gurriarán

Recursos para traballar a Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.

 

Hecho con Padlet

Medidas concreción curricular 21-22

Clicando na imaxe podedes acceder ás medidas de concreción curricular para este curso 21-22.

Accédese a elas como convidados.

 

concrecion curricular

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22-23: LISTAS PROVISIONAIS

ADMISION ALUMNADO PROVISIONAIS CURSO 22_23

 

Comunicámoslles que todo o alumnado que realizou a solicitude de matrícula en tempo e forma no noso centro está admitido.

As listas están expostas nos taboleiros de anuncios.

 

 

 

Concerto de viola de gamba con Sara Ruíz e Carlos González

Hoxe, mércores 6 de abril, tivemos a inmensa sorte de contar con Sara Ruíz e Carlos González.

Fixeron un pequeno concerto de Viola de gamba para o alumnado de Primeiro e Segundo de Primaria e, ademais, estes nenos e nenas puideron probar a tocar o instrumento. Pasárono xenial!

Eles e nós inmensamente agradecidos a Sara e Carlos pola súa presenza no centro.

 

Inspira Steam

O alumnado de Sexto de Primaria participou durante seis xornadas no Proxecto Inspira Steam, un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía.

O proxecto estivo organizado en colaboración coa Universidade Deusto e coa Universidade de Vigo e foi levado a cabo polas mentoras Luisa Álvarez  e Cristina Puga, a quen lles damos as grazas pola súa implicación e adicación.

A experiencia resultou marabillosa, tal como se pode ver no vídeo.

Repetiremos!

 

 

Menús comedor: Mes de abril

Primeiro concerto-ensaio da Orquestra Son das Flores

Hoxe pola tarde tivo lugar o primeiro concerto da nosa orquestra de cartón.

Foi a presentación do traballo levado a cabo polo noso alumnado ante as súas familias e comunidade educativa.

Un placer enorme ver o seu traballo.

Moitísimas grazas polo voso esforzo! Seguide así!

Aquí poñemos agora un vídeo resumo desta gran actuación.

Hoxe, máis que nunca, estamos Orgullos@s do noso cole!

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut