Coa vosa investigación sobre :"É eficaz unha bolsa chea de agua diante dunha ventana para evitar a entrada de moscas na casa? ", non só aprendimos a aplicar o método científico senón que recibimos a grata noticia de ser clasificados finalistas.
Agora a defenderedes diante dun xurado, seguro que ides facelo xenial.
Ánimo 6º A, e... todos os amigos e familiares estades convidados a acompañarnos o día 29 de abril na Domus ás 10:30 horas.
Seguro que a vosa compañía nos da sorte.