O pasado 1 de xuño o alumnado de 6ºB do noso centro proclamouse campión do I Concurso "A auga non para" organizado pola Empresa Emalcsa e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Como premio tiveron saídas didácticas pola contorna coa oportunidade de coñecer lugares como a Aula da Natureza de Abegondo/Crendes, ruta ata o embalse de Cecebre e visita ao obsevatorio de aves e embalse de Beche, entre outras. Para máis información pódese visitar a páxina de EMALCSA. (picade no enlace para ver más imaxes)
Aquí vos deixamos algúns momentos desta actividade.