Skip to Content

Blogs

OS MAIOS

Xa acabou o mes de Maio e con el as celebracións de Os Maios! A primavera continúa até o 21 de xuño e podemos seguir gozando co rexurdir da vida: aparecen as flores, cantan os paxariños, chegan os froitos das árbores...

Neste vídeo algunhas alumnas e alumnos do centro mostran como celebraron Os Maios.

(Se algúnha fotografía das que enviáchedes non está recollida neste vídeo, poñédevos en contacto con nós a través do mail: javier.gayoso@edu.xunta.es e solucionarémonolo!)

OS MAIOS CARRAL 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O VENRES 5 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 180, 181, 182 e 183. 

HORA DE LER: Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, recordas este vídeo e esta canción que vimos na clase?

 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Último xogo da semana, a reciclar!

Reciclar, una ficha interactiva de Toreja
liveworksheets.com
 
Aquí vos deixamos a última medalla, a das ciencia.  Parabéns polo traballo, estades feitos uns científicos e científicas!
 

COMO FACER UN TRABALLO? PARTE 1 e 2.

Mandáronche facer un traballo pero non sabes por onde empezar? Aquí che deixamos un material elaborado polo equipo de biblioteca para iniciarte na búsqueda de información. A semana que ven publicaremos a terceira parte, a que fala de como presentar ese traballo. Mentras tanto aquí vos queda esta pequena axudiña, esperamos que lle saquedes proveito. 

 
 
 

PROPOSTAS PARA XOVES 4 DE XUÑO

 

LENGUA: Páxinas 190 e 191.

HORA DE LER: Planta unha faba, lentella, garavanzo... nun bote de iogur ou nun vaso con algodón e fai o teu caderno de observación como que fixemos no cole. A observación é o primeiro paso do método científico, necesita paciencia e rigurosidade. Podes plantar sementes de diferentes maneiras para observar as diferenzas: unha con luz, outra sen luz (métea nun caixón ou alacena a ver que pasa... nacerá?), unha sen algodón, outra con el, unha con auga outra sen ela, unha con luz, algodón e auga... Experimenta! 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Aquí vos deixamos unhas fichas para repasar o ciclo de vida das plantas e as súas partes. 

 

RETO DE CONSTRUCIÓN

Hoxe propoñémosvos un reto de construción. Colle todo o que atopes pola túa casa e intenta construír unha torre igual de alta que ti, canto mide? . Non olvides recoller todo cando remates! Mándanos as fotos coma sempre ao correo da biblio: bibliosbardoscarral@gmail.com 

PROPOSTAS PARA O MÉRCORES 3 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 178 e 179. 

HORA DE LER: Maxia! Mira o experimento que che propoñemos hoxe e convírtete en mago ou maga por un día... 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Imos repasar algunhas cousiñas sobre seres vivos e inertes e sobre os animais. 

 

June!

A verdade é que nunca pensei que chegaría xuño e estariamos como estamos...

I miss you!

MARTES DE CURTAS: A ILLA DO LIXO

Este venres día 5 é o Día Mundial do Medio Ambiente, aquí vos deixamos unha noticia do 2013 sobre a illa de lixo do Océano Pacífico. Será hoxe máis grande? Que vos parecen estas imaxes? Como podemos contribuír a parar este desastre natural? 

Na biblio temos a biografía de Greta Thunberg, picade AQUÍ para ver a reseña do libro e, cando poidades, vide buscalo para descubrir a interesante historia desta nena activista medioambiental ou mercádeo na vosa libraría de referencia (debemos coidar o pequeno comercio de cercanías). Recordade: Non sodes demasiado pequenos para facer grandes cousas... 

PROPOSTAS PARA O MARTES 2 DE XUÑO

 

LENGUA: Exercicios da páxina 186 e 187.

HORA DE LER: Le e fai o experimento número 2 sobre os nutrientes que xa fixemos nos recantos usando colorante alimentario, leite e auga. 

 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Deixámosvos un xogo de orientación espacial. 

RECORDAS CANDO...

Este ano non puidemos facer o libro de biografías das deportistas galegas que tiñamos programado dentro do PDI: LEMOS POR DEPORTE, o confinamento deixounos o proxecto a medias pero...  recordades os outros libros que fixemos? Picade AQUÍ e veredes a páxina do proxecto. Tedes que ir á marxe lateral dereita, alí hai unha frecha na que sae un despregabre con toda a información, pon inicio. Toca recordar e repasar para coller folgos e seguir no vindeiro curso! 

PROPOSTAS PARA O 1 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 175 e 177.

HORA DE LER: Ler as páxinas 184 e 185 do libro de lengua (as actividades farémolas o martes)

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS CIENCIAS. Comezamos a última semana de Xogos Olímpicos convertíndonos en expertos científicos, mans á obra! Deixámosvos aquí unha ficha para recordar os nomes das articulacións do corpo e un experimento para que vexades a importancia dunha alimentación sa e rica en calcio. Sabedes que alimentos teñen calcio e porque son importantes para os ósos? Probade, probade... Xa nos contaredes as conclusións que sacástedes. Mandádenos as fotos cando o teñades.

 

OS CONTOS DO CAMIÑO

"Os Contos de Camiño" é unha serie da TVG onde se adaptaron a través da técnica da animación 26 títulos dos álbumes ilustrados máis coñecidos de OQO EDITORA, seguro que moitos vos sonan de contárvolos os vosos profes ou de velos pola biblio. Picade AQUÍ para ir á páxina. Ademais tamén vos deixamos un dado para xogar en familia despois e conversar sobre o que sucedeu nas historias. Esperamos que vos guste esta nova proposta que estimula a expresión oral e a comprensión.

Pica AQUÍ para acceder ao dado orixinal en castelán. 

PROPOSTAS PARA O VENRES 29 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 174 e 176.

 

HORA DE LER: Mirade o seguinte vídeo sobre récords olímpicos. 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS. Aquí vos deixamos os últimos xogos desta semana:  un puzzle de multiplicacións e unha oca matemática. Tamén vos deixamos a vosa merecida medalla da olimpíada matemática. Parabéns polo o esforzo e o traballo feito! Como sempre mandádenos as vosas fotiños, entre todas faremos un novo vídeo. A semana que ven será a última semana de olimpíadas, neste caso, das ciencias. Preparados para convertirvos e expertos cientícos?

 

LETRAS BONITAS

Mandáronche facer un traballo es estas buscando as letras para poñer na portada? Aquí che deixamos uns cantos modelos por se poden servirche, a verdade é que o mundo da caligrafía é enorme, existen milleiros de tipos de letras! Sorprende aos teus compañeiros, compañeiras e profes cun estilo persoal. Practica cos seguintes exemplos.

Na biblio temos unha canle en PINTEREST, a rede social onde se ""pinean" ou gardan fotografías, seguro que a coñecedes, é un filón para os que buscan decoracións, materiais, cociña, ideas... Picade AQUÍ para ir a ela. Eso si, tedes que ter vós unha conta para acceder e vela selección que fixemos así que pedídelle axuda a un maior. Recordade ter coidado con estes temas pois sodes menores de idade e sempre tedes que estar supervisados por un adulto. Internet ten mil cousas boas que nos solucionan a vida, pero tamén ten as súas malas. Diso falaremos outro día... 

Desfrutade da caligrafía! 

Distribuir contenido


by Dr. Radut