Skip to Content

Blogs

BO VERÁN!

Escoitamos e anotamos as vosas recomendacións de cara o ano que ven e o que máis vos gustou destes dous cursos. Non olvidedes cubrir a enquisa na entrada anterior. Bo verán para todos e todas! Grazas!

 

O QUE MÁIS NOS GUSTOU from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O ANO QUE VEN... from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PINGÜI RECOMENDA...

Un ano máis aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o verán, tedes de inglés, de música, de xogos e tempos en familia... Esperamos que vos gusten e as desfrutedes!

Este ano tamén hai un suplemento, neste caso unhas recomendacións de lectura para erradicar o racismo e a xenofobia e fomentar a tolerancia. Pareceunos que as circunstancias globais que se estaban dando nestes momentos así o requerían. A axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible que adoptou a ONU conta con 17 puntos e ten como obxectivo xeral fortalecer a paz universal, a inclusión e a non discriminación. Velaí o noso gran de area a esta ardua e difícil tarefa: a do respeto ás diferenzas. 

 

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

Aquí vos deixamos a enquisa para familias, moitas grazas pola vosa colaboración. Para vela completa na páxina tamén podedes picar AQUÍ.  

OLIMPÍADA DAS CIENCIAS

Boas!

Tíñamos pendiente publicar o vídeo dos vosos traballos de ciencias, aquí están, se falta algún decídenos e engadímolo.

Unha pequena aclaración das profes:

- Os experimentos 1 e 2 puxémolos para que se diran conta que os alimentos teñen outros elementos (nutrintes) que non vemos, é o caso da graxa do leite, por iso ao darlle co xabón se expande máis, e o calcio que o vinagre lle "quita" aos ósos, por iso é tan importante tomar alimentos ricos en calcio, para ter un esqueleto forte e duro.

- O experimento da candea e o zume de limón, foi para achegar aos nenos e nenas ás reaccións químicas, que obxerven e lle collan gusto á ciencia. 

- O das plantas puxémolo tamén como o anterior: a capacidade de observación é a base do método científico, queremos que os noso alumnado desarrolle esta capacidade para mellorar en todas as áreas. As persoas observadoras sempre aprenden moito máis e ven matices que outros non ven, diso se trata a ciencia... 

EXPERIMENTOS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O XOVES 18 DE XUÑO

 

RECORDATORIOS: 

- Hoxe é o último día para enviar os vídeos do que máis vos gustou de 1º e 2º e de como vos gustaría que fora o ano que ven. 

- Recordade facer as tarefas da proposta de música, é moi divertido! Entra na Aula Virtual do cole picando AQUÍ. Tes que mirar a útima entrada publicada, vai abaixo de todo. 

- Mañá publicaremos a enquisa para familias como falamos na reunión.

- Ás cinco podedes ver o concerto de "Cé Orquestra Pantasma" a través do enlace de You Tube que vos chegou a Abalar Móbil. 

 

XOGO: "ALTO EL LÁPIZ" 

 

E, por último, aquí vos deixamos un truquiño para aprender as táboas a partir do 6:  shhhhh, non llo digades a ninguén! 

RETOS DOS MÉRCORES

Hoxe é o último día de retos... Deixámosvos un de tipo matemático. Di así: 

SE FAI TRES ANOS TIÑA 15 ANOS, CANTOS ANOS TEREI DENTRO DE 8 ANOS?

Cabeciñas de Carral... a pensar! 

 

PROPOSTAS PARA O MÉRCORES 17 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 201.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS. Mirade que ben o fixéstedes! Cada vez hai máis, parabéns pequenos expertos/as!

Hecho con Padlet

DANZAS DO MUNDO. Francia.

Este curso 2019/20 os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria traballamos para facer unhas danzas francesas. Esforzámonos moito para aprender os movementos das danzas e conseguir bailar colaborando entre todos xuntos para que ao final quedase moi ben!! 

1º DE PRIMARIA: "A danza dos pastores" 

 

 3º DE PRIMARIA: "La Badoise" 

MARTES 16 DE CURTAS

Ponte nos seus zapatos... Que opinades? 

PROPOSTAS PARA O MARTES 16 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 200.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE EXPERTOS/AS. 

Let's play!

Si queres practicar xogando, aquí tes unha páxina onde podes encontrar un montón de xogos. Escolle "topic" (tema) e logo o tipo de xogo que queres. As veces deixará qjue escollas tamén o nivel co que queres xogar. Como seguro que tes moita práctica nisto dos "xogos online", non creo que atopes problemas, pero si é así, pídeme axuda ao correo "carralenglish@gmail.com". O enlace que poño leva directamente a un xogo de números, pero podedes cambiar o tema no momento que queirades.

https://www.mes-games.com/numbers20.php

 

 

RECORDAS CANDO... FACÍAMOS OS GRUPOS INTERNIVEL?

Achégase o verán e ao mellor estades esperando para mercar un libro ás recomendacións da biblioteca... Pois anunciamos que as teremos a finais desta semana pero mentras tanto aquí vos deixamos as que facían o ano pasado os compañeiros e compañeiras dos grupos internivel.

PROPOSTAS PARA O LUNS 15 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 197.  

 

GRAVA DOUS VÍDEOS: 

- Nun di o que máis che gustou de 1º e 2º.

- Noutro cóntanos como che gustaría que fora o cole o ano que ven, como sería para ti o cole perfecto. 

Envíanolos e faremos un vídeo de despedida de fin de curso coas aportacións de todos e todas. 

 

PRESENTACIÓN DO TRABALLO DA SEMANA DOS EXPERTOS.  Aquí vos deixamos algúns dos traballos que xa nos enviaron os compañeiros e compañeiras para que vexades como os fixeron e por se necesitades inspiración, así é como se aprende entre todos. Non vos preocupedes que iremos engadindo os que vaian chegando a esta cortiza virtual. Vaia expertos e expertas que estades feitos! Son unhas investigacións excelentes! En canto ao vídeo dos experimentos editarémolo ao longo desta semana, aínda estades a tempo de mandar as vosas fotos tamén. 

Hecho con Padlet
Distribuir contenido


by Dr. Radut