Skip to Content

Blogs

ENTREVISTA AOS MAIORES, BIBLIOTECAS DAS PERSOAS

Non podíamos ter mellor estrea para a radio que escoitando a sabiduría dos nosos maiores, aprendendo e conversando con eles. Pingüi riu e chorou de emoción, canta tenrura e cariño desprenden! Volvemos pois a facer a pregunta do principio: que facían os nosos maiores para vivir nun mundo menos contaminado? Escoitade con moita atención o que nos contan porque as bibliotecas das persoas, as humanas, son as máis importantes, apréndese unha asignatura que non aparece nos libros do cole: a da vida. Grazas polos testimonios e parabéns a todos e todas polo traballo feito!  

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA : temos dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro.

O día 20 de Novembro celébrase o Día dos Dereitos da Infancia que este ano no noso centro estivo relacionada co proxecto Carral Sostible:9 meses, 9 causas. Dende o CEIP Vicente Otero Valcárcel reivindicamos o noso dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro. Aí van os nosos traballos, esperemos que vos gusten e que axuden a sensibilizar a toda a comunidade educativa.  

Hecho con Padlet

DECÁLOGO PARA CONSEGUIR UNS RECREOS RESIDUO 0

Aquí vos deixamos para a lectura de toda a comunidade educativa e autoridades competentes o decálogo que fixeron en equipo varios grupos do noso cole para reducir, reutilizar e reciclar o lixo que xeramos nos recreos. Están feitos uns gardiáns do medio ambiente, reto de outubro conseguido! Aínda queda moito por facer pero con pequenos xestos coma estes podemos cambiar as cousas. Xa o di o proverbio: "XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS.. PODEN CAMBIAR O MUNDO!"

CAPITÁN VERDEMAN

Un dos retos deste mes de Pingüi era, a partir da presentación do libro "El Capitán Verdemán" da Editorial Juventud, imaxinar como sería este superheroe. Aquí tedes os traballos dalgúns compañeiros e compañeiras. #carralsostible

CAPITÁN VERDEMAN from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

AGASALLOS ÁS MÁIS LECTORAS

Polo día das Bibliotecas Pingüi agasallou ás persoas máis lectoras do ano pasado: Mara, Sabela D, Aira e Sabela B. Parabéns ás rapazas de 3º de EP! Ademais, como sabedes, este ano está moi implicado no coidado do medio ambiente e por iso envolveu os regalos reutilizando materiais. Moitas grazas por vir e estar a todos/as os nosos usuarios da biblio. 

SAMAÍN 2020

Aquí vos deixamos os primeiros "Contos que veñen e van" neste caso coa temática do Samaín. Estade atentos e atentas que durante estes días irán aparecendo máis. Picade nos ollos laranxas das cabazas. Fixéstedelo xenial!

CARRAL SOSTIBLE: 9 MESES, 9 CAUSAS

Poñemos en marcha o proxecto do centro impulsado pola biblioteca escolar co primeiro reto, un mensual. Escoitade o que di Pingüi e mans á obra. 

Durante estes días, máis sorpresas!

RETO 1. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Distribuir contenido


by Dr. Radut