Skip to Content

Videoconferencia con Papa Noel

Coma nos ultimos anos é costume os nosos alumnos mais novos, dos cursos de educación infantil, primeiro e segundo de primaria, fixeron unha visita a aula CEMIT do noso concello sita na casa da cultura para comunicarse por videoconferencia con Papa Noel nin mais nin menos. O señor Noel faloulles dende o seu taller en Laponia (Finlandia) e escoitou todas as suas peticions.

Foron moitas e moi diversas, todos os nenos tiveron oportunidade de facerlle chegar os seus desexos e esperamos que estes sexan cumplidos na noite do Nadal. Sen dúbida esta é unha das actividades que mais ilusionan os mais pequenos e tamen os maiores. So nos queda agradecer o trato recibido polos nosos compañeiros da casa da cultura de O Vicedo e da aula CEMIT, e por suposto a Papa Noel.



story | by Dr. Radut