ACTIV COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

FESTIVAL FIN CURSO 2023-2024

O DÍA 21 DE XUÑO TEREMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO

ESTADES TODAS INVITADAS A PRESENCIALO

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS FIN CURSO 2023-2024

Día 30/05/2024: Cursos de 5º e 6º de Primaria

Visita ao Canón do Sil (percorrido desde o embarcadoiro de Doade)
Visita a "Adega Vella" para coñecer a elaboración dos viños da Ribeira Sacra
Visita á Olería de Gundivós (unha das máis antigas de Europa)

Día

VISITA DE 5º E 6º CURSOS DE E.P. AO PARLAMENTO E Á XUNTA DE GALICIA

 

VISITA DE 5º E 6º CURSOS DE E.P. AO PARLAMENTO E Á XUNTA DE GALICIA

 

ENTROIDO 2024

ITINERARIO DESFILE ENTROIDO
ENTROIDO
                LEMBRADE!!! OS MANDADOS PARA CADA DÍA NON SON ACUMULATIVOS
  Este curso a temática dos difraces estará relacionada co   CAMIÑO DE SANTIAGO    

Este ano estamos levando a cabo no colexio un proxecto sobre o Camiño de Santiago, polo que decidimos que empregaremos tamén esta temática para a celebración do Entroido.
Establecemos diferentes disfraces para cada curso, polo que nos gustaría contar coa vosa axuda para poder celebralo o día 9 de febreiro.

Somos conscientes de que é unha temática un tanto complexa, polo que dende aquí vos aportamos unha proposta, explicando como se podería elaborar cada disfrace de forma económica e con materiais que podemos conseguir facilmente en establecementos do pobo.

Tamén podedes descargar os modelos para a elaboración dalgúns detalles dos disfraces.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Peregrino para cartel Logo Galicia Frecha e cuncha para mouteira Cuncha con cruz
Cruz de Santiago vermella Cruz de Santiago Cabalo para cartel Bici para cartel 

FESTIVAL DE NADAL 2023

AGRADECEMOS A TODAS AS FAMILIAS A AXUDA PRESTADA PARA A DECORACIÓN DA ÁRBORE DE NADAL

 

REBUMBIO MATEMÁTICO 2023

 

Un par de fotos, como lembranza deste día, podedes atopalas aquí

ENTROIDO 2023

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA FESTA QUE FIXEMOS (O contrasinal recibirédelo nun abalar).

Ah e GRAZAS por eses postres tan exquisitos (ver aquí)

ENTROIDO

Este curso a temática dos difraces estará relacionada co “MUNDO DO CINE”.

* Luns día 13: O lema para o “meco” deste día seŕa: “para que o entroido non che dea pereza, deberás poñer algo na cabeza"

* Martes día 14: O lema para o “meco” deste día seŕa: "se colorido te queres ver, roupa de cor terás que poñer". (Non son acumulativos).

* Mércores día 15: O lema para este día será: “se desexas estar molón, calcetíns por fora do pantalón". (Non son acumulativos).

* Xoves día 16: O lema do "meco" deste día será: "que trasnada! Atrévete a traer a cara pintada". (Non son acumulativos).

* Venres día 17: Día no que nos disfrazamos. Se a climatoloxía é favorable, realizaremos un desfile no patio exterior; do contrario realizaremos un desfile por aulas no pavillón. Teremos doces típicos do entroido elaborados polas familias do alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.

 

VISITA DO CB BREOGÁN

VISITA DO CB BREOGÁN

O vindeiro martes día 17 de xaneiro recibiremos a visita dunha representación dos xogadores e do corpo técnico do CB Breogán. Esta actividade está enmarcada dentro das visitas previstas de diferentes equipos da provincia, co obxectivo de fomentar, promover e animar ao alumnado a practicar deporte e tamén a coñecer de cerca a distintos deportistas vinculados a equipos da provincia.

FESTIVAL DE NADAL 2022

A orde de actuacións dentro do festival de Nadal podedes atopala aquí

   

MAGOSTO E SAMAÍN 2022

 

Enlace ao vídeo

O vídeo hai que

descomprimilo

e poñerlle o

contrasinal que

vos foi enviada

Distribuir contido