BENESTAR - CONVIVENCIA

Coordinación de Benestar e Convivencia

LEMBRADE:

Contamos espazo onde calquera persoa poderá denunciar de xeito ANÓNIMO unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar. Se dectectas algún caso ou te sentes vítima de acoso ou ciberacoso, non dubides en enviar unha mensaxe. Recorda que tamén existe un espazo físico no centro (edificio principal) onde poderás deixar a túa nota ou mensaxe se así o prefires.

 

Presentación

Convivencia escolar (preámbulo do Decreto 8/2015):

A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras nun mar­co de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interrelación harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade educativa.

Sen un ambiente de convivencia nos centros educativos baseado no respecto mutuo non é posible dar cumprimento aos fins da educación nin permitir o aproveitamento óptimo dos recursos educativos que a sociedade pon a disposición do alumnado e, por tanto, das familias.

É necesaria a implicación de todos os membros da comunidade educativa: nais e pais, profesorado, persoal de administración e de servizos e alumnado.

Por outra banda, as nenas e os nenos empregan gran parte do seu tempo no centro educativo, que supón, por tanto, un espazo clave para dar forma ao benestar xeral, incluíndo os seus aspectos sociais, físicos e emocionais. A saúde e o benestar contribúen na súa capacidade para aproveitar o ensino de calidade e alcanzar o seu máximo potencial académico.

INFORMACIÓN SOBRE A CONVIVENCIA NO NOSO CENTRO E SOBRE A LEXISLACIÓN QUE A SUSTENTA

Neste apartado da nosa páxina imos informarvos sobre o BENESTAR e sobre a CONVIVENCIA no noso centro.

Estes dous apartados os temos divididos en dúa partes:

Clicando en un dos dous poderedes atopar información referida a este apartado tan importante na vida dun centro.

 

Distribuir contido