CONSELLO ESCOLAR - INFORMACIÓN IMPORTANTE
VOTACIÓN PARA RENOVAR A REPRESENTACIÓN DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR
O próximo martes 19 realizaremos a votación para renovar a representación das familias no Consello Escolar. Con este motivo establécense tres períodos de votación para, por unha banda, que as familias que lles tocou integrar a Mesa Electoral non teñan que estar toda a mañá e poidan compaxinar cos respectivos traballos e, por outra banda, para que teñades varios espazos durante a xornada habilitados para exercer o voto. Deste xeito, os horarios de votación serán os seguintes:
-
Ás 09:00 horas constitución e apertura da Mesa Electoral e inicio da votación ata as 10:00 horas.
-
Segundo tramo de 13:45 a 14:15 horas coincidindo coa recollida do alumnado.
-
Terceiro tramo de 15:30 a 16:30 horas coincidindo co inicio das actividades extraescolares.