COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2024/2025
O DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 09:15h REALIZARASE UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DO CENTRO EN SINAL DE PROTESTA POLA FALTA DE PROFESORADO QUE NOS AFECTA ESTE CURSO.
UNHA VEZ FINALIZADA, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES)
ENTRARÁN AO CENTRO ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS.
SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMIÑARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADO.
O DÍA 11 DÁ COMEZO O SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR, COMO É HABITUAL, POLO QUE O ALUMNADO USUARIO DO TRANSPORTE, ESE DÍA,
AGARDARÁ DENTRO DO RECINTO ACOMPAÑADO DE PARTE DO PROFESORADO ATA O REMATE DA CONCENTRACIÓN.
O curso abranguerá desde o día 11 de setembro de 2024 ata o día 20 de xuño de 2025, ámbolos dous incluídos.
As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:
*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.): ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.
* Alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.
As entradas de todo o alumnado efecturanse pola PORTA PRINCIPAL ás 9:10h (por favor, respecten o horario de entrada ao recinto) e as saídas ao medio día pola CANCELA TRASEIRA (SAÍDA AOS BUSES)
As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil poderán entrar ao centro para deixalos, pero non para recollelos, xa que a saída se efectua pola cancela traseira, a onde sairán acompañados do profesorado.
* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.
A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.
O alumnado que asiste ao comedor e é usuario do transporte sae do centro os luns, mércores e venres ás 15:00 h, e os xoves e venres ás 15:35h.
Ao igual ca o pasado curso, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.