Comezo do curso escolar 2023-2024
O DÍA 11 DE SETEMBRO ENTRAREMOS AO CENTRO, ÁS 09:15h, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES) ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS. SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMINARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADA.
O curso abranguerá desde o día 11 de setembro de 2023 ata o día 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluídos.
As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:
*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.): ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.
* Alumnado de 1º, 2º, 3º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.
As entradas e saídas efecturanse pola PORTA PRINCIPAL
As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil poderán entrar ao centro para deixalos e recollelos.
*Alumnado de 4º e 5º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h
As entradas e saídas efectuaranse pola PORTA DE MADRUGADORES.
O alumnado de 4º e 5º E.P. accederán ao edificio nº1 pola porta principal do edificio.
* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.
A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.
Ao igual ca o pasado curso, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.