ENTROIDO 2021
ENTROIDO
Este curso a temática estará relacionada co proxecto do “Horto escolar” que temos no centro. Polo tanto viremos caracterizados como labregas e labregos.
* Mércores día 10: O lema para o “meco” deste día seŕa: “para o teu pescozo decorar unha verdura, ou froita da horta, has de colgar”. Polo tanto viremos á escola cun colgante relacionado cunha verdura (pode ser natural, elaborado con cartón...).
* Xoves día 11: O lema para este día será: “para a cabeza poder abrigar, un pucho estilo labrega/o has de levar”.
(Son acumulativos, así que o xoves traeremos o colgante e o pucho)
* Venres día 12: Día no que nos disfrazarmos de labregas e labregos. “Se o horto queres traballar de labrega ou labrego deberaste disfrazar”
Se a climatoloxía é favorable, o venres realizaremos un desfile no patio exterior; do contrario realizaremos un desfile
por aulas no pavillón e gravaremos para facer unha montaxe de vídeo que se difundiría nas canles habituais.