DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO QUE SEXA BENEFICIARIO DELAS
O día 13 de novembro publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, (...) e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería (...) no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
O alumnado destinatario será:
- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
- Non fose beneficiario desta axuda por diferentes circunstancias pero:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2018)
- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
As solicitudes terán que presentarse, de forma presencial, no centro docente ata o día 25 de novembro.
NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 20/21.