NOTA INFORMATIVA SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE ED. INFANTIL
NOTA 3ª AVALIACIÓN INFANTIL
O Equipo de ciclo de Educación Infantil decidiu, dadas as circunstancias, manter os ítems de avaliación e as correspondentes cualificacións do 2º trimestre para cada alumno.
Esta decisión apoiase lexislativamente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia; e pedagoxicamente na imposibilidade de facer unha observación directa e sistemática do traballo realizado polo alumnado, principal instrumento de avaliación nesta etapa.